Os náufragos e os naufraxios son tema literario por excelencia. Semella que o foron fundamentalmente na literatura do século XIX, cando as viaxes por mar e as exploración a de novos territorios eran máis comúns. Porén seguen como vemos gozando de boa saúde, quizais porque son unha metáfora da inevitable soedade do ser humano e do abismo ao que se asoma cando queda só consigo mesmo.
Este domingo puidemos leer dous artigos moi recomendables sobre este tema. Os dous no periódico El País:
Símbolos de nuestra soledad por Jacinto Antón: http://internacional.elpais.com/internacional/2014/03/22/actualidad/1395515310_731290.html
La fascinación por los naufragios por Luis Prados
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/02/01/actualidad/1391214982_705389.html
E para ti, cal é a túa historia de naufraxios favorita?
jueves, 13 de marzo de 2014
miércoles, 12 de marzo de 2014
Comentando escenas de "A Vida de Pi"
Non comezamos polo principio, senón polas eleccións do alumnado. A escena dos peixes voadores semella unha das que máis gustou a todo o mundo. Por qué? Por suposto non porque sexa central na película, nin sequera pola tensión que xera no espectador... quizais inconscientemente vexamos algo máis nela. Que pode ser?
Cando mais famentos están os protagonistas desta estraña viaxe, cando están cansos e desesperados, a comida cae do ceo, coma se fose un "maná" nunha escena trepidante na que os peixes voadores pasan por riba da barca, do tigre e de Pi, sen poder evitar quedar algúns na barca. Ao mesmo tempo que isto ocorre vemos tamén o ciclo da vida, o peixe grande come o pequeno, para quedar el mesmo, finalmente, atrapado na barca e ser comido por Pi, non sen antes loitar con por el co Tigre.
Cal é a lección que temos que aprender... Qué somos parte dun ciclo natural no que uns comen e outros son comidos? Que a loita pola supervivencia fai que nos enfrontemos a case todos os perigos? Que aínda nas maiores adversidades sempre ven na nosa axuda a natureza?...
Todo iso e mais é o que nos quere transmitir esta escena. Porén, se nos fixamos detidamente, é na loita entre Pi e Richard Parker onde está a maior ensinanza. Se o tigre é un "alter ego" de Pi, o seu lado máis salvaxe e instintivo, a loita entre Pi e o Tigre polo peixe mais grande semella unha loita entre o instinto de devorar todo o que se presenta, contra a razón, que preveu e garda para despois, aínda que iso supoña dominar o instinto. O ser humano contra a súa natureza animal e salvaxe, o Pi racional, contra o Pi máis irracional, nunha nova faciana da loita que representa toda a trama argumental da película.
E, para ti, cal é a túa escena favorita e por qué?
viernes, 7 de marzo de 2014
A viaxe de Pi
Pi naufraga na fosa das Marianas, o lugar máis fondo da Terra. Este abismo abraíanos e é fonte de inspiración para artistas, directores de cine e escritores.
Aquí podedes ver unha recreación dixital deste lugar:
ABC ciencia
A posición da Foxa das Marianas pódese ver neste mapa:
Traballaremos con mapas, para poder facernos unha idea do percorrido de Pi na súa odisea:
Mapa do océano pacífico:
Precisaremos ademáis un mapa das correntes mariña, xa que Pi viaxou á deriva, sen ningún motor nin vela. Este é o mapa:
Cal foi a súa viaxe?
Aquí podedes ver unha recreación dixital deste lugar:
ABC ciencia
A posición da Foxa das Marianas pódese ver neste mapa:
Traballaremos con mapas, para poder facernos unha idea do percorrido de Pi na súa odisea:
Mapa do océano pacífico:
As principais liñas de navegación polo Pacífico son as seguintes:
Cal foi a súa viaxe?
lunes, 24 de febrero de 2014
Metáforas filosóficas
O mércores falaremos de cine e filosofía, un tándem perigoso, pero quen sabe se será a única esperanza que lle quede ao discurso filosófico nas aulas. Agardemos que non, entre tanto buscaremos formas de abordar "Metáforas filosóficas" que o cine usa en ocasións, para aprender filosofía vendo películas.
lunes, 3 de febrero de 2014
A Vida de Pi . Análise dos carteis
Facendo un repaso dos carteis anunciadores da película podemos aprender algunhas cousas, a pouco que nos fagamos preguntas. Cal dos carteis reflicte mellor a trama? En que queren que deteñamos o noso pensamento? que queren dicir?
Se votamos un repaso só dous restan protagonismo ao tigre na película. Semella que o Tigre é o personaxe principal, nalgún cartel, coma se o enfrontamento do home contra a fera fora o tema central.
Poidera ser, pero o 1º e o 3º concordan con outro aspecto da película que non deberiamos esquecer: a grandiosidade da natureza fronte ao ser humano. Pi enfrontase a unha natureza para a que o home non merece ningunha atención nin respecto especial, e ante ela atópase desprotexido e só fía en Deus e no sino.
O derradeiro cartel que propomos fai fincapé no enfrontamento entre Pi e o tigre, opoñéndoos coma se fosen as dúas caras dunha mesma moeda, aludindo ás dúas facianas da natureza humana, a domesticada pola cultura e por outra banda a da "fera home" que nunca nos abandona de todo e que aparece cando loitamos por sobrevivir.
Temos pois, coma elementos da película, dúas loitas: a do home coas forzas da natureza e a do home contra a súa propia natureza. Quizáis non sexan dúas loitas que poidamos separar.
sábado, 1 de febrero de 2014
A Vida de Pi. Unha análise filosófica
LA VIDA DE PI
Este ano tócalle á película "A Vida de Pi". Na materia de Historia e Cultura das relixións tentaremos abordar unha análise crítica da película: sentido, personaxes, moralexas e comparativas, ao redor dun filme que se propón coma unha busca de Deus. Afondaremos no papel que xogan as relixións, o seu sentido e fundamento, a súa presenza na película e abordaremos o sentido da vida e o papel da verdade na comprensión do mundo. Toda unha tarefa filosófica.Comenzamos co trailer:
Quedade con nós e veredes...
martes, 28 de enero de 2014
A voltas co cine
Coma todos os anos encárganme da visión filosófica do tema do Ciclo de Conferencias que organiza todos os anos o IES. Neste caso deron coa miña debilidade. O cine é unha das ferramentas básicas na miña actividade docente hai moitos anos. Así coa escusa da preparación da miña charla tentarei ir explicando como traballo na aula con esta ferramenta, de forma que estas entradas poidan ser un anteproxecto de esa charla que virá.
Filosofía e ciencia ficción
Basicamente, a filosofía, é o intento de dar resposta ás preguntas que se formula o ser humano, tales como “que é o universo”, “cal é a natureza da realidade”, “a posibilidade de acceso ao coñecemento”, “o sentido da vida”. Todas estas preguntas e moitas outras teñen cabida na especulación filosófica, co único límite da racionalidade e a exclusión de xustificacións dogmáticas.
Os mundos narrativos teñen como fondo o mundo que asumimos como real e as súas leis deséñanse a partir da comprensión que temos do mundo real. Así, a narración de ficción constrúe mundos análogos ao universo real que permiten comprender mellor a estrutura da realidade e mesmo mostran aspectos desta que doutra forma permanecerían en penumbra. A ciencia ficción tense ocupado dos interrogantes metafísicos tratándoos cunha amplitude, liberdade e imaxinación que non pode permitirse a racionalidade filosófica.
Na ficción, a verdade asoma a través da fábula, como unha metáfora da realidade, de forma que podemos propoñer cuestións que transcenden a propia realidade. Todo traballo de ficción instala o espectador dentro dun novo sistema de realidade, con novas posibilidades, como se fose un viaxeiro a un novo mundo. O mundo de ficción ten o seu propio sistema de coñecementos, crenzas, soños e alucinacións que actúa coma un mundo de segundo orde para o espectador o que lle permite crear novas forma de enfrontar o mundo real.
Escritores como P. K. Dick ou Asimov deron lugar a obras (literarias e cinematográficas) nas que temas como “o sentido da vida humana” ou “a posibilidade de vivir nun mundo irreal” son o tema principal. Entre outros sirvan como exemplo: Dark City (1998) dirixida por Alex Proyas e Desafío Total. (1990) dirixida por Paul Verhoeven. Solaris (1972) dirixida por Andrei Tarkovsky, xiran fundamentalmente ao redor de como se pode establecer un criterio de certeza para os nosos contidos mentais e sobre o criterio de realidade. Blade Runner (1982) dirixida por Ridley Scott, I.A 2001 dirixida por Steven Spielberg. ou O Home Bicentenario 1999 dirixida por Chris Columbus. Fundamentalmente tratan sobre a definición do ser humano e o sentido da súa vida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





