Se votamos un repaso só dous restan protagonismo ao tigre na película. Semella que o Tigre é o personaxe principal, nalgún cartel, coma se o enfrontamento do home contra a fera fora o tema central.
Poidera ser, pero o 1º e o 3º concordan con outro aspecto da película que non deberiamos esquecer: a grandiosidade da natureza fronte ao ser humano. Pi enfrontase a unha natureza para a que o home non merece ningunha atención nin respecto especial, e ante ela atópase desprotexido e só fía en Deus e no sino.
O derradeiro cartel que propomos fai fincapé no enfrontamento entre Pi e o tigre, opoñéndoos coma se fosen as dúas caras dunha mesma moeda, aludindo ás dúas facianas da natureza humana, a domesticada pola cultura e por outra banda a da "fera home" que nunca nos abandona de todo e que aparece cando loitamos por sobrevivir.
Temos pois, coma elementos da película, dúas loitas: a do home coas forzas da natureza e a do home contra a súa propia natureza. Quizáis non sexan dúas loitas que poidamos separar.
